Dezaseis carballesas e carballeses integran a comisión organizadora das festas de San Xoán 2025
Cada vez hai máis carballesas e carballeses que se implican na organización das nosas festas patronais, e iso encántanos! Este ano son 16 as persoas que integran a comisión, na que están integrados o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán. Sergio Varela Fuentes repite como presidente, e Gustavo Lorenzo Pena, como secretario. …