Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous vehículos estiveron involucrados no sinistro, que resultou nunha persoa ferida leve, que foi trasladada ao hospital do Barbanza. Non houbo persoas atrapadas.