Inés Rey presenta un orzamento de 379 millóns de euros, cun Plan de Barrios dotado con 53,7 millóns con investimentos en todos os distritos
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe as contas de cara a este exercicio, que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local O Concello prevé a creación dunha nova rede de Oficinas de Atención Cidadá, que se implantará progresivamente nos dez distritos censais “para axilizar as consultas e xestións da cidadanía nos seus propios barrios” …