Trinta e oito artistas dos Encontros coa Arte de Brión participan nunha exposición solidaria para reconstruír o obradoiro de José Galarzo e María Carmen Martínez en Paiporta
A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, inaugurou a mostra, que estará aberta ata o 24 de xaneiro e na que se poden mercar ata medio cento de cadros, fotografías e esculturas doados polos seus autores para axudar a financiar a reconstrución do taller A sala municipal de exposicións de Brión encheuse de solidariedade e esperanza …