O Pleno de Brión aproba por unanimidade a licitación do contrato da auga por 13,7 millóns e a substitución do 90% do alumeado público por 2,77 millóns de euros
O contrato da auga sairá a licitación en xaneiro e o do novo alumeado deberá estar formalizado antes do 18 de xuño de 2025 A unanimidade caracterizou a derradeira sesión plenaria ordinaria do Concello de Brión, na que se aprobaron dúas propostas da Alcaldía que suporán un investimento de 16,5 millóns de euros no municipio …