A música e o baile tradicionais de Galicia serán declarados ben de interese cultural do patrimonio inmaterial
O Concello de Oleiros amosa a súa satisfacción coa resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural do patrimonio inmaterial a música e o baile tradicionais de Galicia. Foliadas, ruadas, músicas, bailes, fiadas, puntos, toques tradicionais… serán declarados ben de interese cultural …