A Real Academia Galega pecha este venres a campaña Toponimízate 2024 cunha charla para a veciñanza en Boiro
· O Centro Social de Boiro acolle o 8 de novembro, ás 20:00 horas, o derradeiro encontro deste ano dunha iniciativa que busca ampliar a rede de cidadáns e cidadás que colaboran na recolla de nomes de leiras, montes e outros microtopónimos · Dende 2019, a aplicación Galicia Nomeada recibiu 623 achegas públicas, pero quedan …