As alcaldesas e alcaldes da comarca acordan esixir máis frecuencias e novas liñas de buses para renovar o convenio coa Xunta
As alcaldesas e alcaldes dos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada reuníronse esta tarde na Casa do Concello de Oleiros e acordaron solicitar unha reunión co conselleiro de Presidencia e as empresas concesionarias para reclamar de forma conxunta a subsanación inmediata dos graves problemas existentes no transporte público. Segundo o acordado, os …