GMT de Ribeira actuou onte con rotundo éxito no novo auditorio municipal co sei espectáculo “Criaturas” dirixido por Oscar Romero.
Catrocentos espectadores gozaron durante a hora e media de función na que se sucederon “sketches” a cada un máis esperpéntico, sorprendente e divertido que cunha fluída e áxil interpretaciòn fixeron que a actuación pasara nun suspiro. Un sonoro e longo aplauso certificou o éxito. A Concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro e o xestor cultural, …