Trece establecementos sacan os seus produtos á rúa da Pobra do 9 ao 11 de agosto
Téxtil, calzado, alimentación, artesanía… Isto é o que se poderá atopar nunha nova edición do Comercio na Rúa que se desenvolverá na praza do Emigrante do 9 ao 11 de agosto. Trátase dunha proposta coa que a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal busca incentiva-las compras no pequeno comercio aproveitando o bo tempo …