O Concello destina máis de 180.000 euros a renovar e mellorar o sistema de impermeabilización na cuberta e a terraza superior da Casa das Ciencias
Os traballos no pioneiro dos Museos Científicos Coruñeses, que o vindeiro ano cumprirá 40 anos, levaranse a cabo nos puntos máis expostos á erosión ou á deterioración derivada das inclemencias meteorolóxicas O Concello licita hoxe as obras de mellora previstas na cúpula da Casa das Ciencias, un equipamento cultural que abriu camiño á rede de …