O pleno dos orzamentos de San Sadurniño adíase para o luns
Por causa dun erro na notificación electrónica da convocatoria do pleno previsto para a tarde deste xoves, o Concello fixou para o próximo luns 22 de xullo ás 19:30h unha nova sesión extraordinaria e de carácter urxente. Ao pleno de hoxe asistiron só os membros do grupo municipal do BNG e o único representante do …