Os concellos da Barbanza denuncian que a suba do canon de Sogama prexudicará á veciñanza
Sogama, a empresa titularidade da Xunta (51%) e da eléctrica Naturgy (49%) que xestiona os refugallos de case 300 concellos galegos, acaba de anunciar unha subida nas súas tarifas, algo “prexudicial para a veciñanza” segundo informan dende os concellos da Barbanza. A proposta de incremento do canon prevese en dúas etapas durante o ano 2024, …