Antonio Villoch expón a súa arte na casa da cultura Raquel Fernández Soler
A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá no mes de agosto unha nova exposición de pintura, iluminacións e relevos: Caramiñal, de Antonio Villoch. Retratos de barcos bateeiros e pesqueiros, iluminacións simulando un códice sobre Santo Amaro e algúns modelados dos tradicionais xigantes é o que poderá contemplar o público asistente. …