O PP de Culleredo levará ao próximo pleno a recuperación e a potenciación do roteiro ornitolóxico da ría do Burgo
∙ “Non somos realmente conscientes da sorte que temos ao vivir tan preto dunha contorna natural desta riqueza e variedade de especies”, sinala o edil popular responsable desta moción, José Antonio Golpe Faraldo. ∙ O roteiro, xa existente, sufriu un abandono sistemático por parte do Concello, a pesar de estar incluída na Reserva da Biosfera …