Grave ofensa da voceira do PSOE de Oleiros ás miles de persoas que participan libremente nas Merendiñas
O Goberno municipal lamenta as insultantes declaracións no pleno municipal da voceira do PSOE de Oleiros cualificando a Romaría das Merendiñas de “pouco democráticas” e “un intento de mercar vontades a través do estómago”. Esas palabras supoñen unha grave ofensa ás miles de persoas que durante os últimos 28 anos participaron libremente nesta marabillosa festa. …