O Concello de Lousame e a Fundación Amigos de Galicia achegarán as novas tecnoloxías ás persoas maiores do municipio
O Concello de Lousame, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia, porán en marcha a segunda edición do programa “Nosos maiores, mellor acompañados”. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida ás persoas maiores de Lousame, en especial aquelas que vivan soas, para promover un envellecemento activo mediante a súa sociabilización e dixitalización. …