Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do Cuco, o primeiro museo totalmente automatizado de España
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18 de maio. Este innovador sistema permite que os pequenos Concellos poidan manter aberto o seu patrimonio cultural durante todo o ano, cun servizo de calidade ao visitante e cuns custes mínimos …