Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de “Trazos de Xapón. Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita”, mira nesta ocasión ao país do sol nacente, abordando o crecente interese pola literatura nipoa que hai en Occidente. …