O Concello sorprende in fraganti a un madeireiro tallando un monte sen autorización
A Policía Local colleu in fraganti a un madeireiro que estaba a tallar unha extensión de monte sen autorización municipal. No concello de Oleiros existen numerosas áreas e zonas catalogadas polo Plan xeral como de especial protección forestal, nas que non está permitido cortar especies arbóreas. Nestes montes só é posible realizar limpezas e saneamentos. …