A Casa do Concello de Boqueixón acollerá durante o mes de marzo unha exposición dos traballos sobre o 8M das crianzas que participan en actividades de conciliación
O salón de plenos do Concello de Boqueixón acolleu esta mañá a tradicional lectura do manifesto con motivo do Día da Muller, no que participaron integrantes da corporación municipal, presididos polo alcalde Ovidio Rodeiro, traballadores/as municipais e veciñanza. Un manifesto ao que deu lectura a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde, acompañada polo …