A Xunta participa nos preparativos do Entroido cos usuarios do CAPD da Coruña
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nos preparativos do Entroido que están a realizar os usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña. Durante a visita, agradeceu os traballadores do centro por propoñer actividades que lle permitan gañar en autonomía e divertirse.