O BNG de Ponteceso lamenta que o goberno muncipal só levara ao primeiro pleno ordinario asuntos de trámite demostrando que seguen sendo un goberno paralizado e que actúa sen diálogo.
Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, lamenta que o goberno do PP tentara impedir que se falara dos traballos chamados de “limpeza de ríos” no pleno, pensa que así o goberno municipal opta polas políticas de feitos consumados, toda vez que os traballos avanzan e non se lle entrega información ao respecto solicitada desde …