A Pobra despide as XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán coa tradicional ofrenda cívica e unha nova exposición
A Pobra do Caramiñal volveu render tributo un ano máis a Valle-Inclán, e xa vai un cuarto de século. O Cantón da Leña converteuse en escenario da tradicional ofrenda cívica coa asistencia de membros da corporación municipal e veciñanza que se quixo sumar aos actos que marcaron o remate da vixésimo quinta edición das xornadas …