O grupo socialista aféalle ao bipartito que pase “de 0 a 99 euros” o programa de conciliación de Nadal e insta a programar as Cativadas nos Centros Socioculturais
Marta Abal recórdalle a Goretti Sanmartín que no seu tempo na oposición “acusou ao goberno de afogar ás familias e pediu duplicar prazas” e “agora o que fai é recortar prazas e cobrar polo programa de conciliación cando o pasado ano foi gratuito”. No programa de conciliación de 2022 alcanzáronse un total de 285 prazas …