O Concello habilitará espazos “Bico e Vai” na contorna do Pío XII con máis de 30 prazas para paradas de curta duración
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais explicou hoxe a proposta para a ordenación do aparcamento na contorna do CEIP Pío XII, co establecemento dos espazos “Bico e Vai” pensados para paradas de curta duración nos horarios de entrada e saída das aulas. O Concello habilitará unha trintena de prazas entre a avenida das …