Limpeza de ríos en San Sadurniño
Hoxe participamos na xornada anual de limpeza simultánea de cauces convocada por Adega dentro do Proxecto Ríos. Cubrimos varios puntos do Xubia, do que retiramos algúns plásticos, envases e outras cousas (poucas) que non agardabamos atopar nas ribeiras: parte do parachoques dun coche, o gardabarros dun camión, un chupete e incluso un gorro de punto …