Ana Santiago reivindica a importancia da identidade, da tolerancia, da liberdade ou do feminismo no seu discurso polo Día da Patria Galega en Fene
Máis dun cento de persoas (membros da Corporación Municipal, representantes do movemento asociativo e veciños/as de Fene) reuníronse este mediodía no parque liñal do Río Cádavo para asistir á lectura da Declaración Institucional do Día da Patria Galega. O texto foi elaborado nesta ocasión pola presidenta da AVV de Limodre, exconcelleira e exdeputada Ana Santiago. …