O vindeiro luns abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de verán do concello de Fene
Bautismos de mergullo, cursiños de kaiak e paddle surf para adultos e para poboación infantil, campamento lúdico-deportivo e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2023. Baixo o lema “Movémonos???”, as actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, …