Últimos días para inscribirse na xornada formativa dirixida a obradores interesados en elaborar e comercializar a “Tarta de Narón”
Os obradores interesados en elaborar e comercializar a “Tarta de Narón” dispoñen de prazo ata este venres, día 16 (incluído) para anotarse na xornada formativa que se levará a cabo o vindeiro 22 de xuño nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. O propietario da Pastelería Santy (Santa Icía), Santy Otero, …