O presidente da ANPA O Burgo, Jorge Cebreiro, fixo entrega no concello de Culleredo das sinaturas recibidas de apoio ás reivindicacións das familias do Conservatorio esixindo a cobertura do profesorado de baixa
A ANPA retomará este mércores as concentracións ás cinco da tarde despois de facer entrega no concello das sinaturas de apoio recollidas estas semanas (Xúntase foto). A ANPA mantén estas accións reivindicativas dada a falta de cobertura do profesorado ao longo de varios meses deste curso e ao longo de moitas ocasións durante os últimos …