O Concello de Lousame entrégalle á Cruz Vermella de Noia os 1.095 euros recadados na Andaina Solidaria por Turquía e Siria
A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, vén de entregarlle ao presidente da Cruz Vermella de Noia, Emilio Insua Pazos, un cheque simbólico por 1.095 euros correspondente ao recadado na Andaina Solidaria polas persoas afectadas polos terremotos de Turquía e Siria, celebrada o pasado domingo 13 de marzo. Unha iniciativa solidaria organizada polo …