O “Trocolibro” e visitas guiadas á Biblioteca e á Axencia de Lectura da Gándara inclúense na programación municipal deste mes de abril
A Biblioteca municipal e a Axencia Municipal da Gándara retoman dende hoxe, e ata o vindeiro 22 e 21 de abril respectivamente, a proposta “Trocolibro”, unha actividade de intercambio de libros entre as persoas usuarias das citadas instalacións. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, avanzou que se instalará unha mesa para realizar ese intercambio …