O centro cívico de Piñeiros acollerá este sábado unha mesa redonda do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental
O ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental impulsado polo Concello continuará este sábado no salón de actos do local social de Piñeiros. Así o recordou o concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, que apuntou que nesa ocasión será Lidia Paz, psicóloga especializada en psicoloxía clínica a ponente convidada. …