Tres espectáculos de compañías galegas protagonizan as citas desta fin de semana no “VIII Festival Internacional do monólogo Teatral Singular”
A programación da oitava edición do Festival Internacional do monólogo teatral Singular continúa esta fin de semana no Pazo da Cultura. Na xornada de mañá venres poderase ver a peza “Feirantes” -20.30 horas-, da compañía galega Teatro do Noroeste. A actriz Imma António protagoniza este monólogo, baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu …