O centro de día pobrense conmemora o 8-M a través do testemuño de varias das súas usuarias
Vicenta Pardavila, Maruja Fernández, Carmen García, Aurora González e Antonia Romero son as protagonistas dun vídeo promovido polo centro de día da Pobra do Caramiñal para conmemora-lo 8 de marzo. A peza audiovisual recolle o testemuño de cinco usuarias que relatan a súa traxectoria profesional en distintos sectores: industria conserveira, alimentación, hostalaría, drogaría e emprego …