O Concello presentará á veciñanza o vindeiro luns a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro
O concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, confían en poder “sacar adiante” a nova proposta para acometer a segunda fase entre Castrón Douro e Sar por un importe estimado de 858.303,81 euros (IVE incluído). Con esta obra dáselle continuidade á renovación acometida na Fase I da intervención, que supuxo …