A Pobra retoma o festival do Nadal de patinaxe
O polideportivo de Venecia acollerá no 17 de decembro, ás 20.00 horas, un festival do Nadal consistente en exhibicións de patinaxe dos clubs da Pobra do Caramiñal e de Ribeira. Este evento festivo-deportivo conta coa colaboración de diversas institucións, entre elas a Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).