O Concello de Narón desenvolve unha nova campaña de compostaxe doméstica para promover a reciclaxe dos residuos orgánicos
O Concello de Narón desenvolve, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 75 vivendas do termo municipal. O vindeiro mércores, día 17 de novembro, de 15:30 a 18:30 …