O Concello de Moeche organiza este sábado unha charla sobre comunidades enerxéticas locais
Desenvolverase no Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade a partir das 18:30h As comunidades enerxéticas locais, ou comunidades locais de enerxía renovable, son entidades que están a ser promovidas dende a Unión Europea a través de diversas directivas, e recollidas dentro do ordenamento xurídico estatal. Constituénse como un grupo de persoas, empresas e institucións públicas, …