Estudantado do IES da Pobra aproximouse á obra de Valle-Inclán mediante unha peza teatral
A Pobra do Caramiñal atópase inmersa nas XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, que deron comezo na fin de semana coa apertura dunha mostra, unha conferencia, unha presentación literaria e unha función teatral. Precisamente esta última actividade repetiuse neste luns 17 cunha sesión exclusiva dirixida ao IES da Pobra do Caramiñal. Alumnado de 1.° do …