A Xunta participou no evento “Efímero Xacobeo Experience” da Cooperativa 13 grados para poñer en relación as migracións mariñas e o Camiño de Santiago
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitou hoxe en Dumbría o proxecto Efímero Xacobeo Experience que, co apoio da Xunta de Galicia, promove 13 grados, entidade radicada en Vigo que recibiu un dos Premios á Cooperación 2022 pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social da comunidade. …