San Sadurniño leva a pleno este mércores a adaptación da EIM A Rolada á nova Orde de gratuidade das escolas infantís publicada pola Xunta a principios de mes
Para as 19:00h deste mércores 24 de agosto está convocada unha sesión extraordinaria do pleno municipal que abordará como únicos temas a modificación do regulamento de funcionamento e da ordenanza fiscal da EIM A Rolada de cara a adaptar ambos documentos á nova orde de gratuidade das escolas infantís publicada pola Xunta de Galicia. Nela …