Sadenses convocados por Alternativa demandan ao Goberno central a urxente restauración da Terraza
Veciños e veciñas de Sada participaron esta tarde na concentración convocada por Alternativa dos Veciños para reclamar ao Goberno central a súa urxente reparación. O edificio, un dos grandes símbolos de Sada, atópase nun grave estado de abandono e deterioro desde hai anos sen que a administración central asumise ata o momento as súas obrigas. …