O marisqueo a pé continúa chamando a atención de visitantes da Pobra
Un novo grupo de visitantes puido experimenta-lo marisqueo a pé a través dos talleres que impulsa a Concellaría do Turismo coa colaboración da Asociación Mar da Pobra. Esta proposta lúdico-formativa focalizouse hoxe na praia dos Raposiños, onde comprobaron o proceso extractivo dos bivalvos da man das mariscadoras tras unha charla introdutoria ofrecida por unha das …