Cucaña San Pedro 2022
Hoxe celebrouse no porto de Miño a tradicional proba da cucaña polas festas de San Pedro. Diante dun numeroso público, e despois de varios intentos, foi David García o primeiro en coller a bandeira, seguido de Juan Vázquez e Samuel Dopico. Ao remate da proba houbo unha actuación musical a cargo do grupo Improvisons.