O concelleiro de Barrios e Obras informa dos traballos de roza de viarios e parcelas municipais situados na contorna urbana
O Concello de Santiago xa rozou practicamente a totalidade dos 79.200 metros lineais de viarios da zona urbana, segundo explicou hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández. De xeito paralelo, indicou, estase levando a cabo a limpeza das parcelas municipais. En Santiago de Compostela existen 123 parcelas de titularidade …