O Concello abriu o prazo para solicitar axudas para o pago de liquidacións de acometidas para abastecemento e saneamento no rural
O Concello abriu hoxe venres -durante quince días hábiles- o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural. Así se recolle no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte, no que se estipulan tanto as condicións destas axudas …