A Fusquenlla empezará a funcionar transformando as colleitas do verán
64 persoas solicitaron participar nos cursos de capacitación técnica para utilizar as instalacións A Casa da Cultura de San Sadurniño acolleu onte martes a presentación da que será a primeira acción formativa que se imparta no Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, centrada na produción de conservas de horta e froita e na capacitación técnica …