O ciclo Poetas Di(n)versos, dobremente premiado, remata a súa décimo terceira edición con voces de Galicia, Ecuador e Rusia
Vera Pavlova e Gonzalo Navaza son os protagonistas da penúltima quenda do ciclo, que terá lugar o vindeiro luns 23, ás 20.00 horas, no Centro Sociocultural Ágora Nas últimas semanas, o ciclo de poesía Poetas Di(n)versos, do Concello da Coruña, vén de colleitar galardóns que recoñecen o seu compromiso para reunir, cada mes, ao mellor …